A crise sanitaria non está a permitir que o alumnado de colexios e institutos poida achegarse aos campus a través das xornadas de portas abertas, as actividades divulgativas ou visitas guiadas. Para tratar de manter esta ponte entre a Universidade e o alumnado pre-universitario, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria deseñou un programa de charlas científico-divulgativas.
14/12/2020