Tras seis anos como directora da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Consuelo Currás acaba de ser elixida, sen ningún voto en contra, primeira decana da nova Facultade de Comercio da Universidade de Vigo.
En outubro de 2002, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo daba luz verde á creación das Aulas de Formación Aberta, o que hoxe en día é o Programa Universitario para Maiores (PUM). Nacía así unha iniciativa innovadora que tiña como obxectivo “ofrecer educación universitaria aos colectivos con difícil acceso á mesma e universalizar a cultura e o coñecemento “, como se recollía no Duvi o 25 de outubro dese ano.
Presenciais, con imposición de bandas e coas alumnas e alumnos que se gradúan arroupados polos súas madriñas e padriños de promoción e os seus familiares. A Universidade de Vigo retoma este curso os tradicionais, e tamén emotivos, actos de graduación.
Baixo o título Alén do Miño, a Universidade de Vigo lanza este curso un novo programa de axudas para a realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, en empresas ou institucións con sede en Portugal.
Logo de ser consensuada coas universidades de Vigo, Santiago e Coruña, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de rexistrar na aplicación informática do Ministerio de Universidades a proposta de oferta de prazas de novo ingreso en títulos oficiais de grao e mestrado para o vindeiro curso 2022-2023 para as universidades públicas galegas.
As gañadoras e gañadores das diferentes modalidades dos Premios Incuvi reuníronse esta semana na Cidade Universitaria para recoller os diplomas que acreditan todo o labor formativo que levan realizado ao longo dos últimos meses e, ao mesmo tempo, presentar tamen os avances acadados en cada un dos proxectos.
En xuño de 2012 a UVigo realizaba por vez primeira exames de inglés CertAcles. Transcorrida case unha década desde entón, o número de convocatorias acada as 25 de nivel B1, 22 de B2 e 17 de C1, mentres que o número de persoas examinadas ascende a 3931 e o de certificados outorgados a 2223.
Profesionais e expertos na cadea de subministro poñen ao día os seu coñecemento sobre un dos sectores de maior crecemento en España no XXVIII Seminario de Loxística organizado na EE Industrial polo grupo GIO. A cita contou coa participación de empresas como Coca Cola, Selmark Lingerie ou Arnoia Distribución de Libros.
A Universidade de Vigo presentou este mércores nunha xornada virtual a súa oferta de mestrados para o vindeiro curso: 60 titulacións e máis de 1700 prazas que se distribuirán entre os campus de Vigo (38), Ourense (14) e Pontevedra (10).
Achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e sinxelo ao público xeral e, en especial, a un público familiar. Este é a idea dos obradoiros de astronomía Astrofamilias, unha nova iniciativa posta en marcha pola UVigo dentro do plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta.
Hai pouco máis dun mes, a Universidade de Vigo e a asociación Inventiva asinaban un acordo para traballar conxuntamente a prol do desenvolvemento do talento de nenas e nenos con altas capacidades. Os froitos deste convenio de colaboración comezan a agromar e xa está en marcha un ciclo de conferencias.
O Centro de Linguas abre o prazo de matrícula para os cursos de verán, que comprenden catro idiomas: inglés, alemán, portugués e italiano e en modalidade semipresencial ou virtual.
A Universidade de Vigo leva días celebrando actos nos que, dun ou outro xeito, se lembra e homenaxea a figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. A lembranza chega neste artigo da man do profesor e escritor Anxo Angueira.
Tras máis de 25 edicións, o Seminario de Loxística que organiza o Grupo de Ingeniería de Organización (GIO) segue consolidándose ano a ano como punto de encontro dos profesionais do sector. A cita deste curso, a vixésimo oitava, será o 25 deste mes de maio na sede campus da Escola de Enxeñaría Industrial.
A praza Erasmo do campus vigúes encheuse este mediodía para homenaxear o docente, investigador e vicerreitor Manuel Ramos, falecido a pasada semana, de xeito repentino, na véspera da celebración das eleccións na UVigo.