Co obxectivo de fomentar a futura empregabilidade do seu alumnado, a Facultade de Dereito organiza cada curso académico unha serie de actividades de carácter informativo. Este curso, atendendo ás limitacións provocadas pola situación sanitaria, pon en marcha un ciclo de conferencias e mesas redondas sobre saídas profesionais. A primeira das sesións terá lugar este venres coa participación de Isaías Basilio de Souza, embaixador do programa EU Careers na UVigo, que falará ás persoas interesadas, a través do Campus Remoto da UVugio, sobre oportunidades no marco europeo.
25/11/2020