O deseño de propostas didácticas a través da robótica, o uso de drons para a realización de proxectos audiovisuais, o deseño de proxectos artísticos, a realización de pezas cerámicas e unha introdución á metodoloxía do design thinking. Estas son as temáticas dos cinco novos talleres que neste segundo cuadrimestre se suman á oferta de obradoiros de extensión universitaria do campus.
31/01/2022