Un total de 73 alumnos e alumnas do CEIP A Xunqueira I achegáronse este mércores ata a Escola de Enxeñaría Forestal para exercer como xurados de Univisión, unha actividade que emula o formato dun concurso de talentos, no que nenos e nenas puntúan unha serie de vídeos nos que estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte interpretan diferentes cancións en inglés.
18/05/2022