Arredor dun cento de docentes, expertos e estudantes participaron este xoves no Seminario internacional Tourism 4.0: Europe between Historiography and Research Frontiers que se celebrou na Università Cattolica del Sacro Cuore de Brescia. Neste marco, o catedrático de Historia Económica da Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación Ecosot, Rafael Vallejo, presentou unha análise do emerxente sector turístico na España de comezos do século XX, incluíndo un mapa das provincias máis turísticas entre 1927-1934, encabezado por Guipúscoa e Baleares.
29/03/2019