Tras tres anos de traballo, o proxecto Inmena presentou este xoves os resultados da investigación na procura da optimización da xestión enerxética de edificios. Esta iniciativa, inserida na convocatoria Conecta Peme da Xunta de Galicia, une empresas (DiagnóstiQA, coordinadora, Insega e Proyestegal) e persoal investigador, representado polos Grupos de Tecnoloxía Enerxética (GTE) e o Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas (Geotech) da Universidade de Vigo.
28/01/2021