Aínda non se sabe en que cantidade nin en que modo, pero os indicios recollidos durante a campaña do Gran Burato permitirían confirmar a presenza de gas na zona. Así o salientaron os investigadores do grupo Geoma, encargado da campaña, nunha comparecencia na que salientaron que, unha vez recollida toda a información que se precisa, agora toca unha longa etapa de análise, discusión e posta a punto dos datos, para plasmalos finalmente nun informe que se transmitirá á Xunta de Galicia, entidade que financiou a expedición, a finais do mes de decembro.
As inclemencias meteorolóxicas provocaron que a campaña fose máis curta do que se esperaba pero, pese a todo, “foi todo un éxito”, tal como salientou o catedrático Daniel Rey, coordinador da expedición, que insistiu en que “de momento non hai practicamente datos, pero si un montón de material para analizar”.
04/11/2010