Tras pechar onte a mostra en Ourense ante máis de 300 espectadores, os membros da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, Maricastaña, chegaron hoxe ao campus para ofrecer a súa última montaxe aos seguidores vigueses.
Co título Hide (Oculto) ofreceron a súa particular versión do Extrano caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde, un “thriller” teatral no que non faltaron o medo, o estremecemento, a emoción... Dirixidos polo actor e dramaturgo, Fernando Dacosta, director da Miteu en Ourense, a obra contou cun amplo reparto composto por un completo elenco de quince actores.
29/04/2009