Na actualidade están a traballar en ámbitos relacionados coas titulacións que cursaron, que en ningún caso ocultan que supuxeron un esforzo, e iso que sempre, aseguran, foron bos e boas estudantes. Son Victor Cartelle Álvarez, Belén Martínez Loira, Federico Montemurri Mengarelli e Laura Mosteiro Rey, catro dos trece estudantes da Universidade de Vigo que acadaron o premio fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2012. “Un recoñecemento polo esforzo realizado durante catro ou cinco anos”, coinciden en sinalar os catro, pero tamén unha inxección económica de algo máis de 2000 euros que destinarán, total ou parcialmente, a diversos fins.
09/01/2014