O ciclo Resaca das Letras bota a andar de novo e sumando xa a súa sexta edición para celebrar de forma anticipada, malia o seu nome, o Día das Letras Galegas. Organizado polo alumnado do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, ten como obxectivo poñer en valor a creatividade galega e en lingua galega. Foron Manuel del Río e Ricardo Tubío, deseñadores industriais e membros do estudo Cenlitrosmetrocadrado, os encargados abrir a programación para falar dun deseño cunha clara orientación humanista e que atenda, alén da súa función práctica, aspectos emocionais e sociais. Deseguido Marcos Dopico, socio do estudo Dedominiopublico, amosou como crear un portfolio en deseño.
12/05/2010