Ofrecer unha panorámica da situación na que se atopa a arte contemporánea en Galicia reunindo nunha mesa a tres axentes do sector é o propósito co que deseñou o ciclo Conversas con arte, unha iniciativa promovida polo colectivo Lata Muda que, coa colaboración da Vicerreitoría do campus, chega este xoves ata a Casa das Campás. Farao poñendo o acento nas tres ‘C’ do sistema artístico, comisariado, crítica e coleccionismo, nun coloquio no que participarán a profesora Facultade de Belas Artes Mar Caldas, coordinadora da Sala X ata hai uns meses, o crítico e comisario Ramón Rozas e o director da Fundación RAC, Carlos Rosón.
17/11/2014