Empregando como punto de partida dúas pezas de madeira, Yolanda Rodríguez, Rafael Santomé e Isabel Portela deron forma a Urb@nc, un proxecto de mobiliario urbano “funcional, adaptable e economicamente accesible”. Empregando como base esas dúas pezas, este equipo interdisciplinar propón a construción de mesas, bancos ou cadeiras, da man dun sistema “sinxelo e versátil”, como explica Rodríguez. Un sistema que convenceu ao xurado de Apostando polo deseño para tod@s, que por unanimidade seleccionouno como o premiado nesta iniciativa que buscaba promover a creación de mobiliario seguindo os principios do deseño universal.
10/10/2014