Concienciar tanto á comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía “da importancia que ten o fomento da igualdade no deporte para erradicar a violencia de xénero neste”. Este era, como sinalaba o seu coordinador, Iago López, o obxectivo central da mesa de debate que este martes promovían en Ciencias da Educación e do Deporte a Comisión PEA-Unesco desta facultade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG)
26/11/2024