O primeiro venres de cada mes desde febreiro a xullo, cada vez nunha praza diferente da cidade de Ourense, as asociacións Gomes Mouro e Algaravía organizan unha festa tradicional itinerante na que convidan a todas as persoas interesadas a improvisar músicas, bailes e conversas dun xeito lúdico e ameno. Este venres, día 3 de maio, a iniciativa chega ao campus. A cita é a partir das 22.30 na terraza da Biblioteca central, fronte á cafetería universitaria. Despois do seu paso polo Liceo, pola Praza de San Marcial e pola Asociación Cultural Foula, os organizadores da iniciativa e a Vicerreitoría do campus agardan repetir nesta ocasión o éxito das anteriores sesións de Venrespirar 2013.
03/05/2013