A última portada da revista máis prestixiosa a nivel internacional de física, a Physical Review Letters, leva na súa portada de maio un traballo do Laboratorio de Óptica da Universidade de Vigo. Nel, David Feijóo, Humberto Michinel e Ángel Paredes explican o seu último e inesperado avance no eido da luz líquida, estado achado por este equipo. Os investigadores ourensáns veñen de descubrir que nun choque entre dúas ondas de diferente tamaño chamadas solitóns, o solitón pequeno atravesa o grande en forma de burato negro, formando o baleiro, e sae reconvertido outra vez na onda brillante que era ao principio.
02/05/2014