Os niveis de contaminación química no estuario do río Miño son en xeral baixos, sobre todo en comparación cos resultados acadados nas zonas habitadas da ría de Vigo, no caso galego,e do río Lima en Portugal. Son parte das conclusións do proxecto europeo Team Miño, un traballo coordinado pola Estación das Ciencias Mariñas e no que participaron 30 investigadores de diferentes institucións de Galicia e Portugal que, agora, na presentación dos resultados fan un chamado a preservar este ecosistema do impacto humano.
O Centro Tecnolóxico do Mar, un dos socios da iniciativa, acolleu este venres o seminario final do proxecto, ao que asistiron, ademais de numerosos investigadores, a vicerreitora de Investigación, Asunción Longo; a directora xerente da Fundación Cetmar, Paloma Rueda, e o presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez.
21/06/2013