Era a primeira xuntanza do equipo de goberno da Universidade de Vigo co grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerdas e, como explicaba o reitor Salustiano Mato, “a actualidade manda”. Xosé Manuel Beiras, Yolanda Díaz e David Fernández mantiveron unha reunión de traballo co reitor e os vicerreitores de Economía e Planificación, José Manuel García, e de Organización Académica, Profesorado e Titulacións, Margarita Estévez, para coñecer a situación actual da institución viguesa, as inquedanzas ante “os cambios normativos que se están a producir no estado español”, como indicaba o reitor, e de que maneira estes afectan ao Sistema Universitario Galego. “Trátase de tender pontes de comunicación e sentar as bases da relación institucional co novo grupo parlamentar”, segundo Salustiano Mato e tamén unha oportunidade para coñecer as propostas de Alternativa Galega de Esquerdas no tocante a política universitaria.
08/05/2013