“Empregar o cine para estimular o espírito crítico e a reflexión dos estudantes sobre aspectos ambientais, éticos e socioeconómicos”, deste xeito explica María Jesús Iglesias Briones, profesora do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, o obxectivo do Cinefórum de Bioloxía que este luns botou a andar coa proxección da primeira das catro películas, Medidas Extraordinarias, que integran o programa. O ciclo completarase os días 7,8 e 9 de abril, ás 15.30 h. no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais co resto de filmes: XXY, Acción Civil e Diamantes Negros.
06/04/2015