A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense continúa coa celebración do seu Foro Aero, ciclo de conferencias que permite ao seu alumnado e profesorado escoitar a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas. Este xoves pola tarde celebrouse a través do Campus Remoto da UVigo unha das súas sesións na que Santiago Carmona, secretario xeral do Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos de España, e Luis Iglesias, vogal da mesma entidade, falaron ao alumnado das saídas profesionais que teñen en enxeñaría aeronáutica.
06/11/2020