O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, en Allariz, convoca anualmente un concurso de debuxo, conto e relato e realiza diversas actividades en memoria de Celtia Uxía Cabido Eva Pérez, dúas estudantes da Universidade de Vigo desta localidade falecidas no accidente de tren de Angrois de 2013. Este venres, Xosé Manuel Cid, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, onde estudiaba Educación Primaria Celtia Uxía, uniuse aos actos nos que este ano o protagonismo foi para a escola.
31/05/2019