A sociedade demanda que as universidades sexan un motor de desenvolvemento da súa contorna, un protagonista na busca de solucións. A Universidade de Vigo non se agacha e, en tempo de crise, dá a cara como fábrica de resposta aos problemas de Vigo, Pontevedra e Ourense e de Galicia en xeral. O reitor vigués, Salustiano Mato, defendeu esta vocación de colaboración e de responsabilidade social da institución que dirixe na súa intervención como convidado no Club Cultural Gamboa. Mato ofreceu aos asistentes unha radiografía da Universidade, das súas cifras, dos estudos que ofrece, das fortalezas e dos retos de futuro.
08/11/2011