As diferentes políticas de cambio climático despois de 2012, cando o Protocolo de Kyoto deixe de estar en vigor, centran a 3rd Atlantic Workshop on Energy an Environmental Economics que este venres se inaugurou na Illa de A Toxa. O congreso, organizado polo grupo de investigación REDE (Research in Economics, Energy and the Environment) da Universidade de Vigo, ten como obxectivo “estudar como esta nova arquitectura institucional afectará ás políticas que se aplican tanto no primeiro mundo como nos países en vías de desenvolvemento”, explicou o organizador do workshop e membro do grupo, Xavier Labandeira.
O acto de apertura estivo presidido polo reitor da Universidade, Alberto Gago, quen definiu o evento como “un congreso caracterizado polo seu interese, calidade e o seu rendemento académico”, subliñou.
04/07/2008