Na última década, os problemas de sobrepeso e obesidade aumentan de xeito alarmante: os últimos datos falan de oito millóns de españois en idade adulta con exceso de peso, mentres que entre os nenos e nenas a taxa supera o 28,3%, aproximando a España perigosamente a niveis moi próximos aos Estados Unidos. Para acabar con esa loita coa báscula, a Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética celebra este martes a duodécima edición do Día Nacional da Nutrición baixo o lema Come ben para envellecer mellor, co que se quere facer fincapé na importancia dunha dieta saudable para acadar unha maior calidade de vida. A estudante de doutoramento Carmen Neri Fernández Pombo, tamén membro da Asociación Española de Enfermeiras de Nutrición e Dietética, revisa algunhas das claves para conseguir unha alimentación axeitada aproveitando o grande abano de produtos que saen de terras e augas galegas.
27/05/2013