O campus de Pontevedra acolleu este mércores a celebración dun novo pleno do Consello Social da Universidade cunha orde do día “cun marcado acento económico”. Así, os seus membros deron luz verde, entre outras cuestións, ás contas auditadas de 2011 da propia Universidade, da súa fundación, da Cidade Universitaria e da Cidade Tecnolóxica e aproveitaron para felicitar á institución pola xestión económica realizada no exercicio anterior, “pois pódese dicir que a Universidade de Vigo goza dunha boa saúde económica porque soubo facer os deberes”, declarou Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social.
27/06/2012