Os espazos informativos e de deporte son os que gozan de maior seguimento nas distintas difusións radiofónicas, dirixidas frecuentemente a unha audiencia adulta e xeneralista. Agora ben, existen outro tipo de públicos, como a poboación infantil, que as emisoras teñen menos en conta á hora de organizar as súas grellas de programación. Así o constata Rocío Pereira na súa tese de doutoramento, na que, realizando un percorrido pola oferta de contidos de difusoras locais, autonómicas e nacionais destaca “o descenso progresivo das propostas de radio infantil e a desatención do neno como oínte nos programas actuais”. Esta investigación convértese no primeiro estudo en Galicia sobre a radiodifusión dirixida aos máis cativos, "o que dificultou a procura de información", comenta a propia autora.
29/04/2011