A praza Miralles será, un ano máis, o lugar de encontro de miles de estudantes que, co San Teleco abren a programación de festas e patróns deste curso 2007-2008.
Despois da experiencia conxunta do San Mineco no pasado ano, desta volta os alumnos da ETSE de Telecomunicación volven ás súas orixes cunha festa que xa arrancou o pasado 5 de novembro con diversos torneos deportivos, de cartas e virtuais. Na tarde deste xoves, a escola acolleu tamén o tradicional concurso de monólogos, no que tomaron parte estudantes de diferentes centros. Tamén nesta tarde do xoves, a Facultade de Filoloxía e Tradución foi escenario da celebración dun magosto no que se asaron cincuenta quilos de castañas.
15/11/2007