Con relatorios centrados no medio ambiente e os espazos naturais protexidos, comezou este luns no salón de actos da Faculta de Ciencias a terceira edición das Xornadas de Medio Ambiente e Dereito Ambiental de Galicia que se prolongarán ata o vindeiro venres. Os preto de 350 inscritos nas sesións organizadas pola Asociación Medioambiental e Universitaria Syme, a Vicerreitoría do campus de Ourense e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, terán ocasión de achegarse a través da testemuña de destacados expertos dos ámbitos da ciencia, a política e a empresa a cuestións como a educación sostible, a política e a lexislación ambiental, a auga ou o cambio climático.
O conselleiro de Medio Ambiente, o alcalde de Ourense, o reitor da Universidade de Vigo, o subdelegado do Goberno en Ourense e o presidente da Confederación Miño-Sil, foron os encargados de inaugurar as xornadas que un ano máis se confirmaron como as que contan cunha maior participación do alumnado de cantas se celebran no campus ourensán.
19/10/2009