Como un equipo integrador, unido, de consenso e que pretende reflectir o que somos, definiu o candidato a reitor de Nova Universidade, Jaime Cabeza, a candidatura coa que concorrerá as eleccións que se celebrarán o vindeiro 20 de maio na Universidade de Vigo. Nun acto celebrado no salón de graos do Edificio Xurídico Empresarial, Cabeza, confirmou aos 13 integrantes do seu equipo que cualificou de “plural na procedencia científica con representación dos catro ámbitos; renovado nun 75% e paritario, o que non é casual cando se traballa en clave de xénero”, asegurou.
A candidatura de Nova Universidade está integrada por once vicerreitores e vicerreitoras, os mesmos que conforman o actual equipo de Goberno, ademais da secretaria xeral cargo que ocuparía María José Bravo Bosch e a xerente que sería Rocío de Frutos Madrazo.
23/03/2010