Coa chegada do verán, son moitos os estudantes que precisan comezar a prepararse para unha estadía no estranxeiro no vindeiro curso. Para este cometido o Centro de Linguas ofrece cada ano un catálogo de cursos de idiomas para estes estudantes, así como para todos os interesados, que desta volta comprende alemán, español para estranxeiros, francés, inglés, italiano e portugués, todos eles de 40 horas de duración.
No mes de xuño botarán a andar as clases de español, de inglés, alemán, francés, italiano e portugués e no de xullo comezará outra quenda para os cursos de español, inglés, francés, italiano e portugués.
01/06/2010