“Este nomeamento é para min unha grande honra”, admitía este xoves na súa visita ao campus o catedrático de Economía da Georgia State University, Jorge Martínez Vázquez, quen este luns se converterá no vixésimo primeiro Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo. “É un momento moi feliz e moi entrañable porque mo fai a Universidade da miña terra, a miña Universidade”, salientou durante a visita ao salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias, onde o vindeiro luns recibirá esta distinción ao abeiro da celebración da festividade de San Tomé de Aquino, acto no que tamén se entregarán os premios extraordinarios fin de carreira e de doutoramento.
Acompañado polo reitor e o profesor Santiago Lago, que actuará como padriño, o profesor Martínez Vázquez, orixinario de Vilagarcia de Arousa, realizou un pequeno percorrido polo campus que lle serviu para lembrar os seus primeiros encontros cos profesores do grupo Rede.
27/01/2011