O Servizo de Deportes pon en marcha para os seus aboados do campus de Vigo o Carné Dúo, unha iniciativa que lle permitirá aos posuidores da Tarxeta Deportiva Universitaria (TDU) e da Tarxeta Ponte en Forma, combinar as instalacións propias do Servizo de Deportes con outras situadas no Centro Deportivo Universitario do campus de Vigo, así como no ximnasio Kiap do centro da cidade. Máis instalacións pero tamén máis actividades deportivas como pilates, gap, step, danza moderna ou actividades a desenvolver en piscina estarán a disposición dos posuidores do Carné Dúo que deberán sumar aos 60 euros das tarxetas TDU e Ponte en Forma un suplemento de 18 euros en caso de acudir unha vez por semana ás instalacións dun dos centros colaboradores e 22 se o fan dúas veces por semana.
09/03/2010