Claramente vinculada ás novas tecnoloxías a sociedade actual está fortemente condicionada por realidades como o teléfono móbil, a televisión ou internet. Todos estes avances dependen, sen embargo, da xestión intelixente dun ben escaso, o espectro radioeléctrico e, para xestionalo de xeito adecuado, vaise pór en marcha a Axencia Estatal de Radiocomunicacións, o organismo do que dependerá toda a súa xestión e do que a día de hoxe, a cidade de Vigo é unha das máis firmes alternativas para acadar a súa sede.
Así o explicou ao Duvi o profesor da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación, Manuel J. Fernández Iglesias, quen non dubida en subliñar que “o pulo da investigación en I+D+i neste campo está aquí” e afirma que, se finalmente se consigue esta sede, será “un fito histórico para Galicia”.
14/04/2010