Bastante fácil, doado, non moi complicado ... son algunhas das valoracións que se escoitaban esta mañá nas diferentes escolas e facultades da Universidade onde fixeron os seus exames de selectividade 3724 estudantes. A primeira proba, Lingua castelá e literatura, serviu para romper o xeo e a tensión que traían acumulada dos últimos días de estudo. A valoración foi positiva e puideron elixir entre o romanticismo ou o teatro español de posguerra, “dúas opcións moi accesibles, sobre todo o romanticismo, que traiamos moi ben preparado porque é un tema que sae a miúdo”, comentaba Cristina Rodríguez, estudante do IES Politécnico de Vigo recen rematado o exame na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
17/06/2009