O Observatorio Municipal Galego vén de facer pública este venres a súa última análise da situación económica-financeira dos concellos e nela conclúen que “os municipios gozan, en xeral, de boa saúde e, por tanto, están en condicións de reforzar o apoio ás economías locais nestes tempos de crises”. Segundo este observatorio, iniciativa da Rede Localis, rede xestionada polo grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo, os “os indicadores mostran unha situación económica-financeira saneada".
04/12/2020