Dende hoxe luns e ata o xoves as facultades de Bioloxía, Ciencias do Mar e Química celebran a súa semana grande na honra do seu patrón, San Alberte. Como cada ano, os tres centros únense para artellar unha programa cultural e lúdica aberta a toda a comunidade universitaria que arranca, como en todas as edicións, coa exposición micolóxica.
13/11/2023