O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social.
Concienciar á comunidade educativa e a sociedade en xeral sobre a problemática do cambio climático. Con este obxectivo desenvolveuse o proxecto Coñecendo o clima local: un soporte para a concienciación medio ambiental na Educación Secundaria.
Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
A terceira e última edición do curso do Módulo Jean Monnet sobre o Pacto Verde Europeo xa está en marcha. A cita é cada venres, desde o pasado 23 de febreiro e ata o 3 de maio.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense súmase á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa posta en marcha dun concurso fotográfico. A súa temática, indican desde o centro, é A muller de hoxe.
A Escola Infantil Concepción Saiz Otero do campus de Ourense ten aberto o prazo para solicitar unha das súas 41 prazas para o curso 2024/2025. O centro forma parte do programa de gratuidade no primeiro ciclo de educación infantil da Xunta de Galicia.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este mércores unha nova sesión da súa aula aberta, titulada Aprendemos a xogar con Brazolinda.
Este martes presentouse no Concello de Vilagarcía de Arousa o libro María e a roda que non para. Trátase dunha publicación do Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial da UVigo (GIDEP).
A Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense participa desde o pasado 15 de febreiro e ata o 15 de marzo na XX edición da Olimpíada Solidaria de Estudo, organizada por Coopera ONG.
A Universidade de Vigo súmase á conmemoración este mes do Día Mundial da Xustiza Social, o 20 de febreiro, coa celebración dun programa de actividades divulgativas que inclúe unha conferencia, un obradoiro e sobre todo a publicación dun minidicionario sobre esta temática.
Con motivo da celebración o 12 de abril do Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados e o Día da Cosmonáutica, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense convoca a segunda edición do seu concurso de fotografía AeroVision 2024.
Baixo o título El placer de las mujeres importa, este mércores presentouse no campus de Ourense un corto de animación que ten como obxectivo reivindicar e visibilizar a sexualidade feminina e de xeito especial o clítoris.
Gobernar reformando. Los primeros Borbones en la España del siglo XVIII. Con este título preséntase unha publicación editada polas catedráticas de Historia Moderna María López, da Universidade de Vigo, e María del Carmen Saavedra, da Universidade de Santiago de Compostela.
Investigadores do campus de Ourense, ligados á Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, realizaron un estudo de viabilidade dunha misión ao planeta Marte usando propulsión solar eléctrica, en contraposición coa propulsión química, que é o método empregado tradicionalmente no espazo.
O campus de Ourense celebra este venres unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. Nela, conflúe un amplo colectivo de máis de medio centenar de investigadoras e investigadores da UVigo de diferentes disciplinas e máis de 300 escolares e familias.