Despois de visitar Castro Leboreiro, situado no Concello de Melgaço, a programación de rutas culturais que organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo volverá a terras portuguesas. Será na celebración da novena andaina deste curso, que terá lugar este sábado, 16 de marzo, e que terá como escenario os Passadiços do Paiva.
13/03/2019