Desde principios de outubro e ata finais de novembro, alumnado de grao e doutoramento da Facultade de Ciencias do campus de Ourense asiste ao curso Experiencias prácticas para a valorización da biomasa.
Este xoves, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu un obradoiro que tivo como obxectivo achegarse ao estado actual da utilización dos medios electrónicos nas sociedades de capital, aos seus problemas e paradoxos.
Un curso académico máis a Facultade de Dereito volverá a acoller a celebración do seu Curso de Actualización Xurídica. A iniciativa, que cumpre a súa cuarta edición, contará con oito conferencias
A emigración galega a Arxentina protagoniza un destacado capítulo na historia dos últimos séculos de Galicia. Ela foi a protagonista este mércores na Facultade de Historia dunha conferencia ofrecida por Ruy Farías.
Co obxectivo de contribuír a esa relectura da historia desde unha perspectiva de xénero, a Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este luns a celebración da IV Xornada Olladas á antigüidade: maternidade e infancia.
O vindeiro 27 de outubro celebrarase de xeito virtual a terceira edición das xornadas de Control de xestión desde unha perspectiva de xénero, co-organizadas pola Universidade de Vigo e AICOGestión.
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo iniciou este xoves pola tarde a programación deste curso académico do seu ciclo de conferencias divultagivas Foro Aero. Foi cunha conferencia de Jorge Potti.
O ciclo de charlas divulgativas Conversas, do programa de mentorización Meta, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, arranca a súa programación deste curso académico.
A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo arrancou este martes a súa programación de actividades deste curso académico cunha conferencia titulada Aceites Abril: a organización dunha empresa familiar.
O curso Especialista en Autonomía de Mozos e Mozas no Sistema de Protección, posto en marcha este curso académico por primeira vez na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, xa está en marcha.
A temática e o lema da sétima edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que este mes acolle o campus de Ourense é Para ler (n)un mundo sustentábel e para falar dun mundo e dunha literatura máis sostible este mércores achegáronse ao campus de Ourense os mestres e creadores Xabier Domínguez e Alba de Evan.
A Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá os días 18, 22, 25 e 29 de outubro o I Congreso Internacional de Violencia Sexual. Está dirixido polas profesoras da Universidade de Vigo Inés C. Iglesias Canle e María José Bravo Bosch.
Especialistas de oito universidades, maxistrados e axentes sociais analizan este xoves e venres na Facultade de Dereito do campus de Ourense os retos do dereito do traballo e da seguridade ante a próxima reforma laboral.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá durante o mes de outubro unha nova edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, que nesta ocasión leva por lema Para ler (n)un mundo sustentábel.
Este mércores a Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu unha conferencia sobre o potencial da enerxía renovable das ondas do mar, ofrecida polo investigador da Universitat Politècnica de Catalunya Corrado Altomare.