Despois dun mes de espectáculos, a Miteu clausurou onte no Teatro Vidal Bolaño a edición deste ano coa representación de Tic-Tac, unha obra posta en escena pola Aula de Teatro do campus de Vigo, anfitrións desta mostra. Dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa, a peza está inspirada nun texto de Suso de Toro.
20/05/2021