Organizado polas universidades de Vigo, Minho, Nova York e París III Sorbonne Nouvelle, a vindeira semana celebrarase en Vigo un encontro internacional no que se reunirán autores, críticos, tradutores e docentes de España, Portugal, Francia, Inglaterra e Estados Unidos, para falar e debater sobre a utilización poética das letras.
O encontro xirará entorno ás experiencias literarias que ven realizando o grupo do OULIPO, Obradoiro de Literatura Potencial, desde 1960. Nas propostas destes autores xógase coas frases, cos versos, coas palabras, coas sílabas, coas letras... “Caben cousas como, por exemplo, escribir unha novela sen a letra e en francés”, explica o profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución, Hermes Salceda, organizador do encontro xunto a Gonzalo Navaza, docente tamén na facultade e un dos principais representantes neste tipo de literatura en Galicia.
14/04/2009