Por segundo ano consecutivo, a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla convértese no laboratorio de traballo para unha ducia de estudantes de países en vías de desenvolvemento que cursan o programa de posgrao internacional Master of Ecological Marine Management, ECOMAMA. Dende onte luns e ata o vindeiro domingo, os estudantes desenvolverán un apertado programa de traballo, xa que cada un conta cun plan de traballo para desenvolver un proxecto centrado nos ecosistemas mariños das rías. Mozos procedentes de Brasil, Indonesia, Kenia, Sri Lanka, Tanzania, Camerún ou Filipinas comparten experiencias e formación en ECOMAMA con estudantes belgas, españois ou eslovenos, todos eles cursando o primeiro ano do mestrado internacional.
12/05/2009