Vinculado á Universidade de Vigo desde 1991, o decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, José María Martín Moreno, será nomeado xerente da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento tralo acordo alcanzado na reunión celebrada hoxe polo Consello Rector da Fundación, presidida polo conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio.
O obxectivo da Fundación, constituída en decembro de 2006, é mellorar a competitividade de Galicia, contado para elo coa participación da Xunta de Galicia, as tres universidades galegas e empresas representativas do panorama económico autonómico como PSA Peugeot Citroën, Fenosa, Coren, Inditex, Caixa Galicia, Pescanova ou Caixanova.
03/06/2008