O campus de Ourense acolleu este xoves o último pleno do ano do Consello Social da Universidade de Vigo que tiña na súa axenda o fito de aprobar os orzamentos para 2012 da Universidade. Os seus membros deron luz verde a uns presupostos que segundo destacou o reitor, Salustiano Mato, son “os orzamentos do equilibrio, da estabilidade que nos permite seguir traballando para un futuro de crecemento en 2013”. Deste xeito, o presuposto da Universidade de Vigo para 2012 queda fixado en 162.969.745 euros, un 3% menos respecto a 2011. Esta última xuntanza do Consello Social antes de rematar o ano tamén contou cun recoñecemento para Emilio Atrio, ex presidente da institución, polo traballo realizado durante o tempo que estivo ao fronte da entidade que agora preside Ernesto Pedrosa.
29/12/2011