O turismo cultural, deportivo e vitivinícola, as enerxías renovables, o mar, a produción ecolóxica, a gastronomía e a artesanía son as principais oportunidades de negocio para aqueles emprendedores que queiran iniciar un proxecto empresarial nos concellos de Cambados, Nigrán, A Estrada, Tui e Marín, segundo un estudo elaborado polo grupo de investigación G4 Plus da Universidade de Vigo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A aposta polas novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs) e todas aquelas actividades relacionadas ou derivadas do coidado e da atención ás persoas maiores son outras das posibles opcións para reactivar a economía destas localidades, tal e como destaca o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e director do informe, Pedro Figueroa.
14/10/2013