Escolas deportivas, actividades culturais, bolsas de intercambio, voluntariado, gabinete psicopedagóxico... Estes son algúns dos servizos do campus que os novos estudantes puideron coñecer esta mañá. Baixo o título Privilexios dun Universitario, os asistentes escoitaron as propostas nas que, ao marxe das clases nas aulas, poden participar e aproveitar durante a súa estadía na institución viguesa que agora comezan. Para presentar estas actividades contouse coa presenza da vicexerenta do campus, Ángeles Hermida; o xefe do Servizo de Extensión Universitaria, Ricardo Corderí; o responsable do Servizo de Deportes en Pontevedra, Gustavo Loureiro e a directora da Área de Extensión Cultural e Estudantes, Ana Belén Fernández Souto.
07/10/2008