Como unha ferramenta para achegar o mundo académico á súa contorna. Con este obxectivo botou a andar o curso académico para os 40 alumnos do Máster en Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente. O acto de apertura, conducido pola decana da Facultade de Dereito, Inés Iglesias, e o coordinador do posgrao, Rafael Fernández, contou coa participación do delegado da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Ourense, Xosé Fumega; o vicepresidente do Consello Social, Manuel Rodríguez e o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, así como doutros representantes de entidades colaboradoras e agrupacións profesionais.
22/09/2008