Como un traballador incansable, profesional de referencia na educación para a paz e a convivencia, e sobre todo como unha persoa xenerosa, íntegra e honesta. Así lembran os membros de Educadores para a Paz- Nova Escola Galega ao seu compañeiro Manuel Blanco, falecido recentemente. Cunha sentida homenaxe á súa figura quixeron comezar a súa cita anual, os XXV Encontro galego-portugués de educadoras/es pola paz. A iniciativa, que se celebra do 29 de abril ao 1 de maio en Allariz, ten por obxectivo afondar na convivencia nas aulas e na resolución de conflitos, dúas cuestión de actualidade e nas que Blanco traballou.
29/04/2011