A partir de este xoves, 20 de novembro, o Centro Cultural de Caixa Galicia acollerá unha mostra do traballo de Francesco Tonucci, Frato, unha das figuras máis relevantes no mundo do humor gráfico, da loita polos dereitos da infancia e da educación.
Os dereitos das nenas e nenos a traverso da obra de Francesco Tonucci, é unha mostra organizada por Unicef Ourense e a Vicerreitoría de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, “accesible”, asegura Emilia Seoane, profesora da Universidade de Vigo e membro da comisión organizadora , “para todo tipo de público, incluídos os cativos. Estruturada en tres partes, a mostra recolle en case unha vintena de paneis, unha selección da obra de Tonucci cos textos das viñetas traducidos ao galego, así como unha biografía e evocacións que distintas persoas fan do mestre Frato.
19/11/2008