No eido da igualdade, unha das preocupacións das institucións académicas é avanzar cara unha maior paridade de xénero nas diferentes titulacións. Neste senso, en setembro de 2019, as universidades de Vigo, A Coruña e a empresa Aldaba puxeron en marcha a Cátedra Aldaba WIB: Women, ICT & Business, co obxectivo de potenciar e enriquecer o progreso das TIC promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento e establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a academia e a empresa. Froito desta iniciativa presentouse este venres o Barómetro da Fenda de Xénero nos Estudos TIC.
16/12/2022